Búsqueda personalizada

x5 CUNTIS 2 - M GUADALUPE 1

Sobre o campo de herba de As Canteiras preséntanse dous equipos que veñen mantendo unha boa traxectoria neste inicio de temporada. O equipo visitante M. Guadalupe con boa presencia no campo, xogadores xóvenes e con oficio. Primeiros compases do partido  con alternancia no xogo, se cabe, con máis protagonismo por parte do Guadalupe.
Inda non se lle colleran os témperos ao partido cando nunha xogadaa aillada, concretamente nun saque de esquina, ben executado (parece xogada artellada) e tres atacantes abocan o balón dentro do área pequena se oposición algunha por parte dos nosos defensores, totalmente despistados.Remate a placer que Sueiro, en movemento maxistral, consegue tocar pero no rexeite é empurrado ao fondo das mallas. Mal pintan as cousas. O Guadalupe faise dono do terreo de xogo. Xogo alternativo con presenza no medio campo pero sen situacións de perigo. Monti e Zález controlan o xogo no centro pero non temos chegada. Aínda ben non recuperamos o balón para perdelo no primeiro pase. Precícase un cambio de partitura e prodúcense dous cambios case seguidos: Ramón por Carlos e Víctor por Domín. Parece que xorde algo de efecto cando menos na actitude e inícianse unha serie de ataques pola nosa parte que se non teñen reflexo no marcador póñenlle de manifesto ao rival que non estamos de paso.
Min 34 Charli recupera e asiste desde o medio campo sobre defensa á cal lle gaña  as costas Monti para plantarse nun man a man co porteiro, quen sae rápido sen darlle moito tempo de reacción ao noso medio que marra a clara ocasión.
O xogo mantivo a mesma tónica, todo  no medio campo con imprecisións dos dous equipos unha vez recuperado o balón.
No descanso a correspondente mentalización  e instrucións que parecen dar efecto pois nada máis comeza a 2ª parte, mesmo no min 1  Jorge recupera un balón que cede a Alberto quen cun pase preciso, tentando ganarlle as costas aos centrais, sobre Monti que no último momento é obstaculizado polo defensa quen tras pelexa polo balón o despraza lateralmente coa sorte de caírlle perfecto a Nando que remata impecable a gol 1-1.
Dous minutos despois, Nando recupera un balón no medio campo, inicia unha xogada persoal pola banda con autopase sobre defensor e na chegada   á esquina do área pase lateral con intención ¿?  sobre Víctor  quen chega acompañando a xogada para rematar desde o punto de penalti a gol sen perdonar.


O Guadalupe non encaixou os dous goles e durante un cuarto de hora quedou tocado sen amosar resposta.  O partido inicia un tempo de descontrol total por parte de ambos equipos. A tarde non axudaba dada a alta temperatura. En torno á media hora, o Guadalupe quere ir a polo partido e artella unha serie de xogadas encamiñadas ao empate, ben a nosa defensa neste momento con máis corazón que cabeza. Pásanse uns minutos de apuro desexando que remate o partido, dando por moi bo o resultado. O Guadalupe vaise desinflando e a contienda remata con resultado 2-1, inesperado polo rival e xusto polo xogo feito.
Valoración:
Árbitro: ben, os dous equipos axudáronlle na tarea pois non houbo xogadas conflictivas, algúns erros comprensibles que non afectaron ao resultado.
O contrario: coido que marcado o primeiro gol con tanta facilidade botaron de contar gañar o partido sen sudar e cando se quixeron dar conta non houbo tempo de resposta. Ben no campo, moi serios sen xogadores espectaculares pero si con oficio, particularmente gustoume o traballo durante todo o partido do dorsal 5.
O noso equipo:
Porteiro: un día máis sen moito choio. algunha dúbida, moi boa parada no gol anque non servise de nada e moi falluto todo o partido nos saques de portería.
Defensa: Un pouco nerviosos os centrais na primeira parte que pareceron contaxiarlle o mal ao lateral esquerdo  na parte final do partido. En xeral, cumpriron ben, especialmente en xogadas ailladas como a de Puga que evita un claro gol cando o balón camiñaba dereitiño á rede.
Medios: Moi ben defensivamente onde contaron coa axuda de puntas que habitualmente non colaboran moito. Dominio da situación. No lado negativo, as perdas de balón no ataque de Zález e a falta de enerxía que amosaba Monti en fases do partido. Ben Jorge, anque un día máis sen sorte de cara ó gol. Importante a superactuación de Nando no interior dereito anque logo xa tivo que ir ao lateral.
Puntas: Domin tentouno anque estaba un pouco illado do equipo e a defensa estaba moi ben plantada; Alberto, interesado todo o partido sen ser o mellor día; Víctor, segue esixindo un posto na dianteira, pois sempre que ocupa esa demarcación consegue algunha diana, ¿haberá que darlle a razón?
Deportividade: boa actitude por ambos equipos sen situación conflitivas, a non ser unha xogada puntual, que considero máis ben froito do  nerviosismo e desexo dalgún xogador rival por endereitar o marcador. Cordialidade ao remate do encontro.

0 Comments:

Post a Comment