Búsqueda personalizada

Xornada 3 CUNTIS 3 - PEPE NOYA 0

De novo unha tarde espléndida, máis aínda, excesivamente calorosa. Partido disputado no campo de As Canteiras atendendo ao novo horario cun céspede alto e espeso que non anda nos mellores tempos.
Formación do Cuntis semellante á da xornada anterior coa incorporación de Nando no canto de Emilio, indisposto para esta xornada (aproveitamos para desexarlle unha pronta recuperación).
Primeiros minutos de estudo mutuo anque pronto se advirte que o Pepe Noya non é o de sempre.
Min 17 Jorge  desborda pola banda dereita, pase diagonal atrás sobre Alberto quen se planta no área e nunha posición inmellorable golpea (incompresiblemente) fóra.
Tres minutos despois Jorge recibe cómodo no borde-esquina de área, controla, temporiza e xa sen moitas opcións golpea moi axustado ao poste onde o porteiro, tras gran estirada, consegue botar fóra. Seguen minutos de indecisión sen chegadas claras, sen dominador claro, cun partido moi controlado (desta sí) por Monti e Zález quen ben asentados no centro do campo recuperan e distribúen con mestría a ambos lados.
Temos que agardar ata o min 40 no que Nando tras recuperar el mesmo o balón, pase longo prolongando sobre Nacho que gaña a posición sobre o defensa, encara portería e xa na frontal, non considerándose en boa disposición  regatea a defensa que lel vén presionando, non o consegue e decide rematar, xa era tarde, co agravante de ter xa ao seu carón e nunha posición ideal a Alberto.
Vai rematar a primeira parte coa partitura das derradeiras, maís control, dominio, pero non se move o marcador.Cambios: sobre o min 35 entra Víctor por Nacho, pero De la Torre non quentou ben e ten que abandonar o terreo aos segundos.

2ª parte.- Comezo un pouco apagado.Fáltanos esa definición final ata que no min 16 Nacho encamíñase en boa disposición cara o área rival para ser derrubado polo defensa. Falta sobre os 25 m que executa maxistralmente con precisión, intensidade e dirección Alberto aloxando o balón preto da escadra moi lonxe do porteiro. Impresionante. Este gol supuxo o punto de inflexión para o Pepe Noya.
Pouco despois (min 22) xogada ben trenzada, apertura de Víctor sobre Jorge quen dribla a lateral, entra en área polo lateral, golpea batendo no central, ¡ non lle sae ningunha¡
O partido xa está un pouco roto e froito desta situación, arrinca Nando pola banda dereita percorrendo todo o campo en dirección ao área, regatea a lateral e  pase sobre Víctor que case no punto de penal se ve favorecido por un desafortunado esvaramento do central, queda so para empurrar cómodo a gol.
Min 30 Balón recuperado por Alberto no medio campo, gran pase en profundidade sobre Carlos na banda quen encarrilla cara o porteiro para executar un "pase da morte" sobre Jorge, que so ante portería, marra gol.

O Pepe Noya vese moi canso e case renuncia ao partido véndose moi desbordado, sobre todo polo xogo polas bandas. Pero aínda con esta situación no min 35 o dianteiro do P.N. recibe na frontal, boa xogada  individual, pasividade defensiva e plántase ante o porteiro nun man a man que se resolve a favor do cancerbeiro tras espectacular parada, parabéns de todos valorando o difícil de estar inactivo case durante todo o partido e ter esta brillante resposta ao estilo "San .."
Min 44.- Monti recupera o balón pasado o medio campo e en xogada individual, regateando a todos os que lle saen ao paso, en preciosa xogada, finaliza golpeando cunha mestura de rabia e ledicia polo bo traballo feito nesta xornada, suporía o 3-0 e o punto final do partido.

Valoracións:
Árbitro: tentou seguir o partido. Bastantes erros especialmente cando as xogadas se desenvolvían lonxe. Moi regularciño. Sobraron os cartóns.
Equipos: moi bo ambiente entre os equipos, sen situacións conflitivas. Boa cordialiade ao remate do partido.
Pepe Noya: falto de personal, botáronse en falta os organizadores e o clásico xogo de extremos deste equipo.
Cuntis:
Defensa: boa actuación, sen excesivos agobios durante o partido, mellor asentamento de Charli, ben os centrais, con algún despiste na parte final, ben tamén Nando na banda dereita, pena de volante dereito.
Medios.- Moi boa actuación do dúo dinámico, seguridade en Zález, impresionante Monti, ¿poderemos?. Ben nas bandas anque Jorge non pensa senón en atacar e pon enriba non ter sorte nas finalizacións, boas aportacións defensivas de Piñeiro.

Atacantes.- Moi ben Nacho nese traballo lonxe dos compañeiros, boa disponibilidade en todo o partido, pero non te enfades polos cambios, son para darlle confianza a De la Torre e para darche un airiño a ti, precisámoste fresco aí.
En conxunto, moi ben, mellorou o clima, ao mellor axudan os resultados, ao mellor van valer de algo os responsos, quero dicir, os consellos. Ánimo compañeiros e espabilar porque se está recuperando a xente con gañas de pelexar polos postos. Sede bos.

4 Comments:

  1. Anónimo said...
    A min paréceme que eres moi escueto nos comentarios, utilizas demasiadas xeneralidades, explícome:
    - Céspede alto e espeso, si pero como de alto 1cm, 2...e espeso ¿cántas herbas x cm2 eu vin espacios moi calvos...
    -Falta sobre os 25m, xa me din conta eu que non sairas co metro á medir, eran 25,30m, a ver si somos máis precisos nos datos aportados.
    -De la Torre abandona o céspede en segundos, si pero cántos.
    Paréceme que te tomas o posto de cronista un pouco á lixeira, rógoche encarecidamente que o tomes un pouco máis en serio e que nos deas datos máis precisos.
    Monty
    Anónimo said...
    Por certo este sábado non podo ir xa llo comuniquei ó presidente, espero que lles gañedes ós meus amigos do Rosalía.
    Monty
    Anónimo said...
    Impecable crónica. Que pena de periodista deportivo se perdeu polo camiño.

    Coa calidade destas crónicas e os bos resultados deportivos, non queda máis remedio que plegar as alas, facer mutis polo foro e esperar tempos mellores, para o ataque a este réximen "chavista", coartador de liberdades e que non permite ó goberno lexítimo actuar como tal.

    Ata máis ver.....
    Anónimo said...
    En resposta ó anónimo, aclarar que fomos elexidos democráticamente (o igual que Chavez, aínda que non guste), criticar está ben, cando hay algo, pero meter o dedo no ollo por meter, non me parece unha forma de facer equipo; polo tanto non creo que con esos métodos chegaras a ser un bo directivo. Animar o cronista pola sua laboura, porque para facela crónica, é evidente que hai que ir os partidos.

    Un da directiva.

Post a Comment