Búsqueda personalizada

Cuntis 1 - Roomel 1

Tarde apacible nas Canteiras, convocada a xente para unha foto á que non se presentaron máis ca os habituais, sacouse e será publicada con posterioridade, xúntase a sección que se merece o compañeiro que lle tocou a peor parte disto do fútbol.



Preséntase en fronte o Roomel con todo o arsenal, segundo o delegado aínda lle faltaba algún. A simple vista obsérvase que non veñen de paseo e así o demostran nos primeiros compases de xogo, Señores do campo nos inicios sen conseguir resultados prontos debido á falta de implicación de equipo e a optar por xogo individual.
 Os nosos vanse repoñendo e téntase de pioñerlle cara e froito desta actitude chega no minuto 7 unha xogada pola banda esquerda de Jorge (moitas ganas por ter amigos en fronte), encarrila área, regatea, amaga golpeo  a gol e cede sobre Alberto quen, sobre liña de área en perfectas condicións, falla un tiro con absoluta comodidade.
Non houbo moito máis nesta metade a non ser as constantes equivocacións por parte do árbitro, impreciso e moi consentidor co fútbol especialmente agresivo por parte dalgún xogador do Roomel. Reflexar o control e posesión por parte do Roomel sen manifestarse no marcador.
2ª parte.- O Cuntis parece recargar as pilas e inicia cunha mellor actitude coa seguridade de que se pode facer mellor, así o anuncian  un par de xogadas, pero aló polo minuto 11 o árbitro invéntase unha falta na frontal que so el viu. Executa correctamente e  pese á distancia, gol directo (0-1). Mal se vían as cousas pero tras un  minutos parece repoñerse o equipo e estabilízase  xogo de novo, vanse efectuando os cambios oportunos pero o poder ofensivo resíntese, e así pasan os minutos ate que ...
Min 20, cando aínda non levaba 10 minuto  no campo, Piñeiro nunha xogada cómoda tenta de controlar un balón que se lle vai pola banda, na extensión a perna de control roda sobre balón e a de apoio esbara producíndose unha lesión grave, aparentemente fractura de tibia-peroné-luxación. Prodúcese diante do banco do Roomel e os alí sentados quedan impresionados polo cruxir dos ósos.
Ambulancia - desprazamento do lesionado - desacougo nos xogadores....
O árbitro suxire rematar o partido (parece que tiña présa) e os xogadores de ambos equipos coas caras baixas (a nosa gratitude aos do Roomel pola actitude tan deportiva e comprensiva nesta situación) inician os minutos que restan.
Non hai moito que destacar neste tempo. Parece que o Cuntis lle quere facer un detalle a Piñeiro e esfórzase nas xogadas con máis corazón que cabeza. Froito desta sofrimos unha falta moi lonxana pero Alberto executa como nos ten de costume e ante as dúbidas do porteiro conseguimos o empate.  Tensión nos minutos finais para manter o marcador e pouco máis que contar... Por Piñeiro este puntiño que sabe a gloria.
Árbitro: un desastre, todo comentario que se faga será lesivo, así que será mellor deixalo así.
Roomel: Un equipo moi coñecido que mantén as súas constantes ano tras ano. Pelexóns, boa plantilla, ao meu ver, pecan de individualidades pois o conxunto é moi interesante.
Cuntis: non me vou deter nos xogadores. O protagonista é Piñeiro e merece todo o noso apoio para pasar este mal trago. Pasados os primeiros días parece confirmarse que so sofre unha fractura limpa de peroné e todo desprazamento que houbese no primeiro momento foi reducido coa aplicación da bota estabilizadora pneumática. Os nosos parabéns para o equipo do 061 que ata aquí se desprazou, especialmente para a doctora que nela viña, polo bo facer. Esta debería ser o tipo de atención que todos recibisemos nun caso semellante. Ánimo, Piñeiro. 

0 Comments:

Post a Comment