Búsqueda personalizada

Ribadavia 4 - Cuntis 1

Marco:  dezaoito xogadores, xente animada, campo HS pequecho, e o tempo? fresco pero non chove, mais aló... polo horizonte víanse nubarróns ben negros.
A algún parece poderlle o medo escénico, véxase proba da actitude minutos antes de...

No banquiño, resignación....Mal indicio









  Exerce o capitán ..

Nos primeiros andares xa se confirma o anunciado.. o Ribadavia, moi bo equipo e con intención claramente gañadoras. Montamos un equipo defensivo co ánimo de temporizar e ver.. Non houbo moito que ver, a falta de presión sobre home facilitoulle o choio. Se lle deixas marxe séntante nun metro e así foi parede tras parede, desborde pola banda sobre lateral e centro medido ao que non chega o porteiro e Monti tenta botalo fóra coa mala sorte de empurralo para dentro, detrás xa estaba o dianteiro por se Monti fallaba, ían 10 minutos. O equipo repúxose un pouco e tentouno pero era inmposible tentar o acoso á liña máis frouxa do Ribadavia, a defensa, pois a presión que exercen no medio campo é tremenda. Mantivemos o tipo e o marcador, o que daba certas esperanzas.
Na segunda parte máis do mesmo pero arriscamos un pouco máis. No minuto 13 encúfannos o segundo pero a xente tiña gañas de xogar e botámonos para arriba. Dous minutos despois Jorge ponlle un bo balón a Alberto que golpea con bo sentido pero superado o porteiro bate no postet, o rexeite e rematado por Nando que cruza ben pero o porteiro (para non ser menos) desvía en boa estirada á esquina.
Parece que se esfumaron as opcións e as gañas. Entrégase o partido porque as forzas van a menos e eles non fan ofertas. Aínda encaixamos dous máis. O gol da honra ben froito dunha xogada ben combinada pola dereita desde onde Ramón executa un centro perfecto para que Miguel remate de cabeza ao fondo da rede.

2 Comments:

  1. Anónimo said...
    aclaración: no rexeite do poste remata Zalez a pase de Nando.
    JM Correa said...
    Xa tiña eu as miñas dúbidas. Moi ben pola corrección.

Post a Comment