Búsqueda personalizada

X7 - CUNTIS 1 - UNIVERSIDADE 1

Baoa tarde para a práctica do balompé no campo de As Canteiras. Dezaseis xogadores preparados para facer esquecer a desfeita do día anterior. En fronte, o Universidade, coma sempre con gañas de facer bo fútbol. Nas nosas ringleiras, a falta do porteiro, con ocupacións domésticas. Primeiro reto, quen se ocupa da parcela área, bríndanse Rubén, Ramón e Miguel. Por non cambiar o que ven funcionando decidímonos por Ramón, con moi bo acerto por desempeñar o papel de porteiro á perfección. pouco traballo pero sempre acertado.
Iníciase o partido á hora prevista.
Pouco que relatar da primeira parte. Habería que cederlle os comentarios ao míster contrario pois o partido foi totalmente deles nesta primeira parte. Froito deste dominio ven o primeiro gol (min 10) partindo dunha xogada a balón parado sobre a portería rival que habilmente recuperan e inician un contragolpe ao longo de todo o campo sen oposición nin estorbos para fusilar a Ramón que non pode facer nada.  Repítense as ocasións de gol por parte do Universidade destacando un balón cruzado desde o borde de área que Ramón acerta a desviar no último momento cando xa dabamos por feito o gol.  Mantense esta liña de dominio contrario anque se estabilizou no medio do campo evitando  o perigo nas proximidades do noso área.
CAmbios sobre a media hora que non deron os resultados apetecidos. Boa actitude pero sen reflexo no xogo e así se remata a primeira parte.
Poucos comentarios se podían facer na descanso. VArios socios se achegaron a ver o partido e  tentan colaborar coas súas opinións pero os que xogan son os que están sobre o campo. Mellora un pouco a presenza no campo e pouco a pouco se vai collendo o dominio xogo, pero sempre con actuacións na liña media moi lonxe de poder impactar na portería contraria. Téntase un golpe de efecto adiantando a Nando para o interior e a Jorge pola outra banda pero sen a intensidade precisa para poderlle facer dano. En torno ao minuto quince balón cedido sobre a esquerda onde controla e avanza Jorge que fai un centro, máis ben, un globo sobre área, amaga con movemento Nacho para deixarlla en segundo plano a Nando quen remata con xenio a gol nunha boa execución. Aí quedouu a cousa , vintecinco minutos de intencións boas pero sen frutificar. Xa na parte final decídese manter o resultado e refórzase a liña defensiva ante o rexurdir do Universidade. Con corazón que cabeza aguantouse o resultado cando se vía en calquer momento o gol contrario. 
Punto que sabe a gloria despois do visto.
Árbitro: ben, un pouco distante do xogo, con decisións discutibles nos fóra de xogo. No resto, contemplativo e acertado.
Universidade: Na súa liña de equipo competitivo e con saber facer, andan precisados de puntos coma nós e non se fan as cousas como se debería ás veces.
Cuntis: Portería: perfectamente defendida por Ramón, ao que hai que engadirlle a falta de práctica neste posto. Terá a correspondente compensación polo sacrificio. Noraboa.
Defensa: non houbo situacións deficitarias achacables á defensa, o bo ou mal xogo foi colectivo.
Medios: Os medio centros correctos en todo o partido. Queixábanse da maior presenza contraria na zona pero nós tamén temos limitacións en canto ao oficio para esta zona. Menos acertado ca o outro día Nando e moi pasota  Jorge.
Na liña atacante, ben Alberto con falla de atino, senón estaría arreglado o marcador; loitador Nacho pero con limitacións físicas para o que precisa fronte a este equipo cando o noso xogo está moi alonxado.
Globalmente valoración moi positiva da actitude do equipo onde, hoxe si, cada un puxo todo o que puido. Mala sorte pois anque o xogo non fose o desexado si houbo ocasións esporádicas: Miguel, Alberto,... que ben puideron variar o marcador.
Deportividade: Boa competitividade con casos puntuais que o árbitro non percibiu, golpe en salto a Puga, faltas sobre Monti e Zález. Destacou o nº 7 no seu xogo de control e creación desde o centro de campo. Final do partido con cordialidade entre dous clásicos da división.

1 Comment:

  1. Anónimo said...
    Agradecerlle o sacrificio a Ramón e felicitalo polo gran partido que realizou.
    Zalez.

Post a Comment