Búsqueda personalizada

CUNTIS 2 - TORDOIA 0

Sábado 3. Campo As Canteiras, pese a coincidir cos Xuvenís na casa, importante dado o que nos xogabamos neste partido. Dezaseis xogadores, xa pareciamos de novo un equipo.  En fronte o Tordoia, un equipo moi ben plantado no campo que viña de encaixar un resultados adversos pero co consabido perigo que ten esta plantilla.
Comeza o partido á hora prevista cunha aliñación inicial, pola nosa banda, que tentaba respetar a asistencia ao partido anterior   ¿?. Será o primeiro partido que pase a  primeira parte sen pena nin gloria. Tanteo entre os equipos, mal partido por ambas partes. Non houbo ocasións destacadas cun xogo pouco atractivo, con falta de creación pola nosa parte pero co partido controlado. Pasan os minutos ata que chegada a media hora se produce un penalti na nosa contra. Un balón rebotado que casualmente lle vai ao antebrazo de Charli sen ningunha intención pola súa parte e sen poder evitalo dadaa velocidade que collía o balón sobre a herba mollada. Pese a total involuntariedade o árbitro sinala o penalti que se convertiría na primeira ocasión de gol por ambas partes. Un xerro de auga fría tal e como fora o partido. Pero as fadas estaban con nós e Sueiro, amosando unha vez máis a súa especialidade na detención de penas máximas consegue afastar un pouco a pelota para que os defensas cheguen rapidamente para empurrala fóra. Moi boa parada, pois o tiro ía moi ben dirixido. Parece que esta xogada activou o equipo e percibiuse un certo dominio no resto da primeira parte pero...
Na segunda metade cambia totalmente o equipo en canto á sua formación, entrando se cabe, os pesos pesados da plantilla, pero non cambia o xogo; mais ben, barullo, descoordenación, pouca fe,... un desastre... canto máis avanza o tempo máis nerviosismo sobre todo ante a evidente vulnerabilidade do Tordoia, moi apático e falto de ideas, coma nós. Coa entrada de De la Torre no minuto 12 decídese ir a polo partido  con dous puntas permanentes segundo a idea do aliñador, pero a estes dous arrímanse cinco máis. Que ganiñas había de marcar un gol. Minutos de total descontrol, máis que veteranos pareciamos benxamíns. Rubén e Puga desde a defensa a pedir persoal para contención, Nacho e Correa, cada un na súa banda a berrar aos medios que retornasen ás súas demarcacións. Nin caso. Obviamente ha de chegar a ocasión do Tordoia que nun man a man desbarata Sueiro de novo.Xa podiamos ir 0 - 2, pero xa o di o conto, cando está de saír .... Min 25 penal a noso favor (non comento) que executa (esta vez si) Alberto axustando ao pao lonxe dos posibles do porteiro. Lonxe de dar tranquilidade, mantívose a mesma historia, eso sí, cunha certa melloría nos mediocentros pero fixo que este partido non pasará á historia polo seu futbol. Nos minutos finais un novo penalti ao noso favor que transforma Ramón.
Árbitro. Ben, pero tampouco se lle puxeron problemas nun partido fácil de pitar.
Tordoia.- Moi lonxe do equipo ao que nos enfrontamos o ano pasado, onde o valorei coma o mellor equipo tanto polo seu potencial coma pola súa disponibilidade no campo. Este ano, unha sombra, supoño que lle falta xente ou polo menos non asistiu ao partido do sábado. Se non melloran andarán no noso vagón, a pelexar por cada puntiño. Gran corrección tanto no campo coma nos bancos. Estupenda cordialidade ao remate do encontro.
Cuntis.-  Para esquecer, o mellor, o resultado polos tres puntos que nos meten na "pomada". Do equipo, sen comentarios. Unha labazada para o "mestre" da banda comezando polo mala configuración do once inicial, pouco competitivo, e especialmente por non ser capaz de transmitir a disposición dun equipo con potencial para xogar con tres defensas cando haxa que arriscar un pouco e no seu caso por non ter os galóns de retirar do campo a aqueles que non atenden ás indicacións poñendo en extremo perigo un resultado na casa. A aprender para vindeiras ocasións. Pido desculpas.
Goles: 18-7
Cartóns - 0

0 Comments:

Post a Comment