Búsqueda personalizada

Como temos duas crónicas atrasadas imos ir dándolle salida.

Neste partido creo que nos pasou todo o que nos podía pasar e máis. Cando tes mala suerte non hai que facerlle que todo sale mal. Non é que o partido noso fora malo, todo o contrario, creo que foi dos mellores da temporada pero as circunstancias provocaron a derrota.

Comenzou o partido con dominio local pero sin frutos e sin ocasións claras que puxeran en peligro a nosa portería, eso si, nos tampouco fomos quen de pasar do medio do campo. Nesas chega a primeira xogada desgraciada, centro dende a banda sen moito peligro, Puga corta mal o balón co pé e termina rebotándolle na man e gol. 1 a 0 e un pouco de desconcerto no que casi marcan o segundo nun disparo a bocaxarro que saca o "porteirazo" que tendes.

A partir deses momentos todo foi mellor para nos, empezamos a dominar o partido e a chegar con claridade á portería rival dispoñendo de ocasións para, polo menos, non chegar perdendo ao descanso.

A segunda parte, foi máis do mesmo, dominio noso con chegadas e ocasións, polo que non tardou en chegar o empate. Fallo entre dfensa e o porteiro que lle deixn morto o balón a Miguel paraque solo teña que empurrala e marcar. 1 a 1 e a eles costáballe moito acercarse pola nosa portería a que case non chegaron balóns. Despois chegaría a lesión de Zález nunha entrada no medio do campo e que o fixo retirarse do partido, o que provocou que tuveramos algo menos de control nesa parcela. Ainda así dispuxemos dalguhas ocasións bastante claras para adiantarnos, nas que cabe destacar unha vaselina de Miguel que non entra por pouco e un disparo de Alberto ao poste. Xa se dí que cando se perdona pasa o que pasa, pero estaba máis cerca o 1 a 2 que o 2 a 1 pero no minuto casi 48, mal despexe en defensa que recollen eles e marcan despois dun centro dende a banda. 2 a 1, é moito desánimo pola nosa parte, o que fixo que no 49 nun mal centro marcasen o 3 a 1. Cabe destacar que o árbitro dixo que xogaríamos 1 minuto máis e todos o oimos. Non vale de disculpa pero ...

Neceitouse de psicólogos para repoñer o ánimo do equipo.

0 Comments:

Post a Comment