Búsqueda personalizada

   Xogamos o sabado 29 as 5 da tarde no campo do sergas en Santiago, salimos do chelsea as 15:50.  A ver si podemos ir todos. Felices festas a todos.

partido pepe noya

Sabado dia 22 xogamos as 4 en punto nas canteiras en moi mal estado. Estar puntuales as 3:30 no vestuario.

cea de navidad

  Sabado dia 22 as 10 da noite no hostal conde (cuntis) tera lugar a cea de nadal dos veteranos. O precio será de 20€ para todos os que vendan loteria, para o resto seran 35€. Confirmar asistencia antes do xoves dia 20.

partido

Sabado dia 15 xogamos en Calo co Recambios arturo as 16:15. Salimos do chelsea as 15:10. Recordarvos que tal e como se acordou na asamblea a cea a o sabado 22, ir confirmando a vosa asistencia o evento.

partido dia 6

  Recordovos que xogamos este xoves dia 6 as 11:30 no campo de as canteiras, hai que estar as 11 no campo.

   Sabado dia 1 xogamos en Cuntis con B&B fisioterapia, o partido comeza as 16:30. Todos no campo as 16:00 con botas que o campo está moi mal.

    Sabado 24 xogamos en laiño contra o Roomel dodro as 16:15, salimos do chelsea as 15:10.

Se no partido anterior non merecemos ganar, neste foi o contrario, xa que fixemos bastantes cousas ben. Empezando pola presión de Monty sobre a defensa que facía que eles non poideran sacar o balón xogado e os seus ataques foran detidos pola defensa sin moito perigo, incluso nun dos seus fuertes, os saques de banda á área foron ben defendidos. Con todo esto eles apenas crearon ocasións no primeiro tempo, mentras nos marcamos un bonito gol de cabeza nun balón de Alberto dende a banda que lle pon a Monty na cabeza e que remata ao fondo da rede. Tanto o centro como o remate perfectos, 0 a 1. Pouca ventaxa contra un equipo como o Don Budi e con un campo tan pequeno.

No segundo tempo eles, viñéronse un pouco máis arriba e ter algo máis de profundidade pero sen chegar e crearnos problemas, mentras nos nas contras poñiamos á sua defensa en problemas, pero foi nunha loita por un balón con un defensa de Monty que consigue levarllo de cabeza e pantarse diante do porteiro e facer o 0 a 2. A ventaxa xa era polos menos tranquilizadora e sabiamos que a única opción deles sería colgar balóns e así foi, nos últimos cinco minutos fannos dous goles de centros á área.

Desilusión final para un moi bo partido noso.

Partido pésimo, desastroso ou se hai algunha palabra para definilo añadílleda. Diante dun equipo que solo fixo defenderse e deixarnos medio campo para que xogáramos,  non conseguimos máis que deixar que nos marcaran un gol na primeira parte. Un 1 a 0 que se preveía difícil de remontar polas malas sensacións do equipo no descanso. E non nos engañamos o partido sigueu igual hasta que entrou Ramón e marcou o empate nun centro chut dende a banda. Os minutos pesaban nas pernas deles por xogar case todo o partido con 10. Volve Ramón pola banda, centra e Correa marca de volea, o 1 a 2 que polo menos quitábanos a ansiedad  polo resultado. Nesta segunda parte, Ramón foi o revulsivo pero que casi o estropea cando nun tres contra o porteiro el decide non darlla a nadie, bueno si, ao porteiro. Pudo ser a sentencia pero nos se non sufrimos non somos nos, ainda que o sufrimento non foi tanto porque eles estaban bastante cansados.


Resultado que creo que non indica o que pasou no campo diante dun bo equipo como é o que ten este ano o Rosalía e que está ben plantado no campo. Eles tiveron a suerte de cara nos goles e nos fallamos ocasións, co porteiro local inspirado toda a tarde, que terían posto as cousas igualadas no marcador xa que no campo xa estaban. O 1 a 0, nun disparo que se vai fora pero toca nun defensa e entra e con esto rematou a primeira parte. Na segunda, ocasión clara de Monty que lle saca o porteiro e pouco despois o 2 a 0 e nos pedindo falta. Pouco despois marcamos logo de algún rechace marca Senín de cabeza. O 2 a 1 parecía que nos metía no partido pero un tiro dende a frontal fai o 3 a 1 que apagou as nosas ansias por conseguir algo positivo, iba a poñer as nosas ansias de traer algún punto, pero xa trouxo Monty bastantes no ollo.

En definitiva, partido en que no morre nadie por perder xa que teñen un bo equipo pero que se pudo sacar algo máis.

don budi - cuntis

   Sábado dia 17 xogamos as 16:15 no campo do poligono do milladoiro contra o Don budi, salimos de Cuntis as 15:00.

   Sábado dia 10 xogamos en Boiro no campo de Vista Alegre as 16:00, salimos do chelsea as 14:45.

Lástima de tres puntos que se nos foron nos últimos minutos desperdiciando un marcador de 3 a 1.

Empezamos con gol, que marcou Nacho, xa na primeira xogada, 1 a 0. O dominio do balón foi en todo momento do equipo visitante pero con disparos lonxanos e sen excesivo perigo. Mediado a primeira parte, chega o 2  a 0 nunha falta lateral de Alberto. Sen facer moito puxémonos cunha boa ventaxa, pero na última xogada deste período zapatazo dende fora da área e 2 a 1. Este creo que foi o punto clave do partido.

Na segunda parte, eles aumentaron o dominio  e buscaron o empate e nos buscamos contras que a punto estuveron de dar froito pero Alberto encóntrase co porteiro. A falta de dez minutos repitese a situación pero esta vez Alberto non perdona e ponnos cunha clara ventaxa vendo o tempo que faltaba. Pero case na siguiente xogada marcan o 3 a 2 nun corner e a partir daquí xa foi un intento de sacar cada balón como fose da área algo que se consigueu hasta que outra vez xa co tempo cumplido marcan o definitivo 3 a 3.


Pouco que decir dun partido no que bastante se fixo con ir a xogar

Partido bastante igualado no que les posiblemente tuveran máis o balón pero nos as ocasións máis claras por non decir moi claras, que poideron decantar o partido ao noso favor.

Sábado dia 3 xogamos co Rosalía en Pazos as 6 da tarde, salimos do chelsea as 16:45.

  O partido ca diputación xogarase o miercoles 31 de outubro no campo do principe felipe en pontevedra as 20:30.

partido sabado 20

    O Partido con universidad queda aplazado para o dia 6 de decembro. Xogamos o proximo sabado dia 27 co mirador de padin no campo de as canteiras, en Cuntis, as 16:30. Todos puntuales as 16:00 no campo.

    Sábado dia 13 xogamos en Órdenes as 16:00 contra os veteranos, salimos as 14:30 do chelsea.

Outra vez equipo de escaso, 12 xogadores. Nun campo que está moi irregular e que crea problemas cando se quere xogar o balón polo chan e esas dúbidas foron as que nos levaron a xogar o patadón máis do debido.

O partido empezaba ben xa que nunha das poucas combinacións ao primer toque que fixemos entre Alberto, Jorge e Nacho este plántase diante do porteiro e marca o 0 a 1. A partir dese momento todo foi costa arriba para nos e eles foron se creendo que podían facer algo xa que o balón pouco nos duraba nos pes. Pero conseguimos rematar o primer tempo con ese resultado.

Lonxe de mellorar a cousa o seu dominio fíxose máis intenso pero sempre co mesmo argumento balón colgado que, entre a defensa e o porteiro despexan sen problemas. Chega a xogada do empate, manos involuntarias de Nacho xusto diante da línea da area, e eles marcan polo lado do porteiro, empate a un.

Poño o de involuntaria porque así o foi e na primeira parte houbo outra similar dentro da área deles que si considerou involuntario e non pitou o correspondente penalti. Eles creronse que podía ganar e o partido sigueu igual nos facendo bastante pouco, salvo despexar balóns e eles indo a polo partido que cando menos xa tiñan merecido o empate. Pero cousas do futbol, a falta de 5 minutos, balón largo de Nacho polo que corre Jorge que se adelanta de cabeza ao porteiro e o defensa e logo de levar o balón pola línea de fondo marca o un a dous. Por se fora pouco, dous minutos despois, pase de Jorge a Alberto e este fusila ao porteiro local, un a tres e partido rematado.

Como resumen, partido que contra outro equipo houbéramos perdido pero no que eles pagan a novatada de estar en División de Honor onde os erros, tanto en defensa como en ataque, non se perdonan. Nos 3 tiros 3 goles eles bastantes máis 1 gol.

Se o día do Restaurante Ribadavia tuvemos un bo equipo enfrente e supemos estar a altura do que pedía o partido contra o Boqueixón foi ao contrario, eles non se toparon equipo enfrente. Aparecemos cun equipo moi mermado e contra estos equipos se ademáis do equipo que teñen lle damos facilidades pasa o que pasou no resultado.

Eles, un equipo que nos dou facilidades en defensa tanto na primeira como na segunda e que de ter un equipo máis competitivo poderíaselle hacber metido algo máis de medo.Puxéronse 0 a 3 no descanso e ainda así dispuxemos de duas ocasións moi claras para o 2 a 3 pero xa rematando marcaron o cuarto.

Queda a dúbida de estar o equipo completo como sería a cousa.

Se fose pouco, Luis sufreu unha brecha na frente que lle impide xogar o siguiente  partido.

   O partido contra o Viñoteca Raquel xogarase primeiro en Sigüeiro debido os problemas de campo que temos este ano. Agradecer o viñoteca que aceptaran xogar na sua casa en nun campo que non é o seu. Polo tanto xogaremos o Sabado dia 6 as 4 da tarde no campo de Deixebre, en Sigüeiro, de herba natural, salimos do chelsea as 14:45.  PUNTUALES.

 

Rodeiro  veteranos - Cuntis veteranos

Sabado 29 as 18:15 en rodeiro no campo de "a raña", salimos do chelsea as 16:30 todos puntuales, avisar na casa que vamos a chegar tarde, que nos queda moi lonxe Rodeiro.

Quiniela

A verdad é que este ano non tiña pensado facer quiniela pero como o que di Ramón faise empezamos.

1.- CUNTIS - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN

2.- DEP. CANEDA AMIO - - RODEIRO
3.- FCD PEPE NOYA - - VIÑOTECA RAQUEL
4.- REC. ARTURO SAN MARTIN - - VETERANOS ÓRDENES
5.- B&B FISIOTERAPIA - - CLUB DEP. USC
6.- ROOMEL - - MIRADOR DE PADIN
7.- DON BUDI - - RTE. PARDAL ROSALIA
8.- KIRSS XAMONERIA - - RTE. RIVADABIA

Resultado: CUNTIS - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN

    Cuntis veteranos - Hnos couto boqueixon

   Sábado día 22, partido as 18:00 no campo de "as canteiras", debemos estar todos no campo as17:30. Despois do partido iremos a biblioteca de Cuntis donde a eso das 20:30 celebraremos a asamblea e unha vez rematada tomaremos os tradicionales pinchos dos sábados no traspaso.

Partido que xa a priori era complicado pero que se consigueu acabar facendo un partido cando menos digno, xa que diante destes equipos se non traballas todo o partido podódeche caer a do pulpo.

A verdad e que o partido non tiña outra que tratar de defendernos e pillar algunha contra, porque tratar de dominalo partido non iba a ser posible. Máis ou menos estuvemos ben colocados con algún que outro erro pero conseguindo que eles, a pesar do dominio, non poideran marcar. Ao final  sempre nos paso o mesmo, e a media hora, marcan tars varios rechaces nun corner. Casi a única maneira da que non debían de marcarnos. Ese foi o resultado ao descanso.


Na segunda parte, máis do mesmo, dominio deles pero nos con menos forza polo calor que facía. De todas maneiras, o partido foi polo mesmo camiño eles creando ocasións e nos, entre a defensa e o porteiro devaratándoas todas, ainda que a nosa presenza en ataque foi moi pouca. A dez minutos para o final, falta no medio do campo  en contra e expulsión por protestar de Monty. Si, esa típica falta ou saque de banda en terra de nadie que para Monty se convirte nun penalty na final dun mundial, pois eso foi o que pasou. Tamén decir, non en descargo de Monty, que o árbitro non foi xusto con nos ou non quixo selo desentendéndose de tódalas faltas e xogadas ao noso favor. Temos moi mala sorte con él vese que non somos precisamente o seu equipo favorito, nun partido de guante blanco. Entre o calor, o resultado e a expulsión todo se puxo demasiado costa arriba para as forzas que tiñamos e xa rematando o partido marcan, tamén nun rechace, o definitivo 2 a 0.


   Rte rivadabia - Cuntis veteranos

   Sabado dia 15 as 4 no campo de airiños, salimos as 3 do sitio de costume.

   Rommel dodro - Cuntis veteranos

    Sabado dia 8 as 6 da tarde no campo do dodro, sairemos do sitio de costume as 4:45.
    Traede cartos que hai que pagar as fichas, o que queira ter ficha.

pretemporada

    Sabado dia 1 de setembro, 1º partido de pretemporada contra recambios arturo no campo do SAN MAMED  as 18:30, saimos do chelsea as 17:15.

Quiniela

Bueno, poño os resultados finales da quiniela da temporada 2011-12 que como vedes ganou JR7 que arrasou desde o principio con un nivel alto de acertos.

RAMON: 104/178 -- 58.43% + 12
CORREA: 95/178 - 53.37% + 3
EU: 79/154 ----- 51.30% + 6
NANDO: 90/178 -- 50.56% + 6
MMC: 81/162 ---- 50.00% + 6
SUEIRO: 87/178-- 48.88% + 3
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

A clasificación cos puntos sumados sufriría a variación de que EU ganaría un posto en detrimento de CORREA.

Hasta a próxima temporada.

     Acabame de comunicar o representante da diputación para zona de Cuntis, o señor ferriño, que os seus compañeiros non poden xogar este viernes contra nos. polo tanto queda anulado o partido de este viernes, permanecede atentos a páxina na que se informará da fecha do partido.

   DESPOIS DUNHA INTENSA NEGOCIACIÓN CO REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN (FERRIÑO) ACORDAMOS POÑER O PARTIDO O VENRES 15 DE XUÑO AS 8 DA TARDE, POLO TANTO HABERÁ QUE ESTAR UN POUCO ANTES NO CAMPO DE AS CANTEIRAS.
   CONFIRMAR A ASISTENCIA O PARTIDO E OS PINCHOS DE DESPOIS DO PARTIDO.

Partido sin historia no que ganou o que máis o necesitaba.

Partido contra o segundo clasificado, no que non estuven polo que non podo comentar moito máis, pero queda aberto a quen o queira comentar.

FOTO FIN TEMPORADA

Á atención de Xogadores, Socios e Simpatizantes:
SABADO 19 MAIO
Ás cinco menos dez da tarde todos en As Canteiras para proceder a realizar a foto oficial da temporada 2011/2012 (xa era hora).

 Sabado disputamos o último partido da liga no campo das canteiras as 17:00 contra o recambios arturo. Debemos estar todos as 16:30 no campo (a ver si o último dia chegamos puntuales). Despois do partido iremos o traspaso a tomar uns pichos, algo lixiero, acompañdos por unhas cerveza ben fresca. Nada máis sair do traspaso degustaremos uns viños donde se preste e as 11 da noite en punto teremos que estar outra vez no traspaso para desfrutar da cea que nos vai preparar merchi.

     Confirmar a asistencia a cea o antes posible, data limite xoves 17.

Quiniela

RAMON: 98/170 -- 57.65% + 12
CORREA: 89/170 - 52.35% + 3
MMC: 81/162 ---- 50.00% + 6
NANDO: 84/170 -- 49.41% + 6
EU: 72/146 ----- 49.32% + 6
SUEIRO: 83/170-- 48.82% + 3
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
MADERAS RAMOS - - CUNTIS
REC. ARTURO SAN MARTIN - - REST. RIVADABIA
B&;B FISIOTERAPIA - - ROOMEL
RIVER SILLEDA - - DON BUDI
F.C.D. PEPE NOYA - - CLUB DEPORTIVO USC
ROSALÍA - - NEGREIRA VETERANOS
MUEBLES GUADALUPE - - MIRADOR DE PADÍN

RESULTADO:  MADERAS RAMOS - CUNTIS

   Maderas ramos - Cuntis veteranos

   Xogamos sabado as 16:30 no campo de calo, salimos do chelsea as 3:15. Xa que estamos salvados vamos a xogar sin presión e gañarlle o maderas ramos.

Partido no que entramos sin ningunha tensión competitiva e na primeira parte a pelota non a vimos nin pasar, tiramos 45 minutos, eles agradecennos o detalle e a nosa pasividade e poñense por diante, 0 a 1. Ainda así poidemos empatar cunha falta de Alberto que petou no largueiro.

A segunda parte xa foi outra cousa, xa creamos moitas ocasións e poidemos marcar pero parecía que seríamos castigados polo desastre do primeiro tempo pero cerca do final Jorge remata de cabeza un centro de Alberto. Servía para recuperar un punto e para seguir coa racha de non ter perdido ningún partido no campo de herba (contra os dous primeiros e o Mirador de Padín xogamos no de terra).


  Cuntis veteranos - Hnos. couto
  Sabado 5, xogamos en horario oficial, as 5 da tarde, as 4:30 no campo. Non se sabe donde vai a ser o partido,  co tempo que está non sei como estará o campo de herba, polo tanto traer as botas de joma por si xogamos no campo de a ran.

Quiniela

RAMON: 94/162 -- 58.02% + 12
CORREA: 85/162 - 52.47% + 3
MMC: 79/154 ---- 51.30% + 6
NANDO: 81/162 -- 50.00% + 6
EU: 67/138 ----- 48.55% + 6
SUEIRO: 79/162-- 48.77% + 3
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

ALMACENES CANCELA TORDOIA - - MIRADOR DE PADÍN
CUNTIS - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
REST. RIVADABIA - - MADERAS RAMOS
ROOMEL - - REC. ARTURO SAN MARTIN
DON BUDI - - B&B FISIOTERAPIA
CLUB DEPORTIVO USC - - RIVER SILLEDA
NEGREIRA VETERANOS - - F.C.D. PEPE NOYA
MUEBLES GUADALUPE - - ROSALÍA

Resultado:  CUNTIS - HNOS COUTO BOQUEIXÓN

Sin querer parecer ir de sobrado, creo que esta victoria nos da a permanencia, non matemática, pero quedando 9 puntos, estamos 7 por arriba e os demáis teñen enfrentamentos entre eles.

Do partido comentar, que eles apuraban as suas últimas opcións de salvación e o partido estuvo bastante complicado ainda que nos axudou o gol que marcamos a os cinco minutos por medio de Parguiñas que se revolve na área e marca cerca do pau. Eso quitounos a posible ansiedad por querer marcar. Eles intentaron conseguir o empate e case o consiguen antes do descanso, primeiro nun man a man co porteiro e logo nunha mala cesión que disparan floxo. Nos dispuxemos tamén dalgunha oportunidad para ampliar o resultado, Jorge tuvo unha vaselina que non estrou por pouco.

Na segunda parte pasaron máis cousas, nos marcamos máis goles pero eles creáronnos máis perigo que na primeira. Pudémos coller máis ventaxa cun gol anulado a Zález pero pouco despois outra vez Parguiñas marcaba con un centro dende a dereita que un defensa introduce na portería local. Agora si parecía o partido encarrilado pero, sen embargo, foron os momentos nos que eles crearon máis perigo e tuveron un tiro ao pau e algunha ocasión máis, e tuvo que chegar o gol. Falta cerca da frontal, nadie diante, o porteiro colocando a barrera e eles marcan sin oposición. 1 a 2 que nos complicaba o final do partido. Pero casi na seguinte xogada, Alberto saca un corner e Victor marca de cabeza un deses remates que lle gustan a él, 1 a 3 e o partido xa estuvo máis controlado hasta o final.

A.cancela tordoia - Cuntis veteranos
Sabado 28 de abril as 5 da tarde no campo de tordoia, salimos do chelsea as 3:15.

Quiniela

RAMON: 90/154 -- 58.44% + 9
CORREA: 82/154 - 53.25% + 3
MMC: 76/146 ---- 52.05% + 3
NANDO: 76/154 -- 49.35% + 6
EU: 64/130 ----- 49.23% + 6
SUEIRO: 75/154-- 48.70%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

ALMAC. CANCELA TORDOIA - - CUNTIS
HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - REST. RIVADABIA
MADERAS RAMOS - - ROOMEL
REC. ARTURO SAN MARTIN - - DON BUDI
BB FISIOTERAPIA - - CLUB DEPORTIVO USC
RIVER SILLEDA - - NEGREIRA VETERANOS
F.C.D. PEPE NOYA - - MUEBLES GUADALUPE
MIRADOR DE PADÍN - - ROSALÍA

 RESULTADO: ALMAC. CANCELA TORDOIA - CUNTIS

Desastroso o partido que fixemos o sábado dos peores que recordo en bastante tempo. As baixas pola boda de Rubén non poden ser unha excusa xa que eles tamén as tiñan, o campo tampouco pode ser outra excusa xa que eles xogaron no mesmo campo de lama que nos e se alguén mereceu ganar foron eles. Non tanto polas ocasións que tuveron que tampouco foron moitas e claras dúas unha na primeria parte, nun man a man co porteiro e outra con varios rechaces que sacan entre o porteiro e a defensa, senón pola actitude xa que non demos dous pases seguidos e non é unha frase feita, foi algo literal.

Nos últimos minutos, expulsan a Puga que insulta instintivamente ao contrario cando este o agrede cun codazo que o deixa KO. O expulsado foi o agredido...

Ainda así, poidemonos levar o partido na última xogada, nun balón entre líneas de Jorge a Miguel e que derribado polo porteiro pero o árbitro saca fora a falta cando parecía dentro.
 Ao final, o mal menor empate a 0 e este sábado partido crucial en Tordoia.

      cuntis veteranos -mirador de padin
     O partido empeza as 16:30
    Tras recibir onte unha chamada da LFP solicitandonos o adianto do noso partido para que o barcelona - R. madrid fose visto por mais xente, decidimos poñer o partido as 16:30 do sabado 21. Hai que estar no campo as 16:00, puntuales. O campo xa se sabra pois estamos pendientes do parte meteoroloxico proporcionado por "Peman".

Esta semana tuvemos que xogar no campo de terra (basicamente, lama) e o que máis ou que menos pensou que eso nos favorecería diante do líder pero non foi así e superáronnos con claridade.

No primer tempo xa se veu que teriaos moito que traballar para frenar o dominio claro do equipo visitante que non se materializou en goles hasta mediada a primeira parte con dous goles casi seguidos e case iguales. Co 0 a 2 rematou a primeira parte pero coas sensación de que tiñan o partido moi controlado.

No comenzo da segunda parte, algo cambiou e competimos de igual a igual incluso nada máis iniciar nun erro de entendimento deles casi marcamos. Intentámolo máis con forza que con calidade pero nunha contra á media hora marcan o 0 a 3 e toda esperanza rematou aquí. Nos baixamos os brazos e esperamos a rematara o partido o que aproveitaron eles para nos últimos 5 minutos marcar 3 goles.

Nada que facer diante dun equipo moi superior ao noso.

Quiniela

RAMON: 87/147 -- 59.18% + 9
CORREA: 79/147 - 53.74% + 3
MMC: 72/139 ---- 51.80% + 3
NANDO: 74/147 -- 50.34% + 6
EU: 64/130 ----- 49.23% + 6
SUEIRO: 72/147-- 48.98%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

CUNTIS - - MIRADOR DE PADÍN
REST. RIVADABIA - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
ROOMEL - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
DON BUDI - - MADERAS RAMOS
CLUB DEPORTIVO USC - - REC. ARTURO SAN MARTIN
NEGREIRA VETERANOS - - B&B FISIOTERAPIA
MUEBLES GUADALUPE - - RIVER SILLEDA
ROSALÍA - - F.C.D. PEPE NOYA

RESULTADO: CUNTIS - MIRADOR DE PADÍN

Cuntis veteranos - Rte. rivadabia

Debido a coincidencia co equipo xuvenil vemonos obrigados a xogar no campo de "a ran" (terra natural". O partido dará comezo as 17:00 (ás 5 da tarde), haberá que estar no campo media hora antes, as 16:30. Ó rematar o partido Rubén invitanos os pinchos na sua casa, en portela, xa que para a semana que ven casase (el sabrá o que fai).

Quiniela

RAMON: 84/139 -- 60.43% + 9
CORREA: 75/139 - 53.96% + 3
MMC: 69/131 ---- 52.67% + 3
NANDO: 73/139 -- 52.52% + 6
SUEIRO: 70/139-- 50.36%
EU: 61/122 ----- 50.00% + 6
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

CUNTIS - - REST. RIVADABIA
ALMAC CANCELA TORDOIA - - ROOMEL
HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - DON BUDI
MADERAS RAMOS - - CLUB DEPORTIVO USC
REC. ARTURO SAN MARTIN - - NEGREIRA VETERANOS
B&B FISIOTERAPIA - - MUEBLES GUADALUPE
RIVER SILLEDA - - ROSALIA
MIRADOR DE PADÍN - - F.C.D. PEPE NOYA

RESULTADO: CUNTIS - REST. RIVADABIA

Na primeira media hora volveu a actuar a empanada mecánica. Casi non conseguimos dous pases seguidos hasta que eles marcaron. Eso despertounos e empezou outro partido no que polo menos competimos en igualdad de condicións. Alberto, a cinco do descanso, marca de falta e tuvemos outra de Miguel que nos pudo poñer por diante.

O segundo tempo foi o típico de empate, nadie sobresalía sobre o outro, excepto que nos lle regalamos un gol cun error monumental en defensa. Despois a remolque para empatar e eles a contra tuveron algunha ocasión pero a cinco do final outra vez Alberto e outra vez de falta directa empata o partido. Calquera diría que así terminaría o partido pero no último minuto, nun máis que posible fora de xogo, marcan o 3 a 2 que nos sacou un punto que nos debía de chegar para salvarnos. Agora haberá que intentalo noutro partido e sabendo que esta semana non é a máis indicada pola visita do líder.

Partido que nos coloac nunha boa situación de cara a salvación, e que fai que de conseguir a victoria no seguinte partido case este feita.

Do partido comentar que empezou con dous disparos a os longueiros, un por cada equipo. Dispuxemos de boas ocasións para marcar sobre todo unha d Alberto que logo de regatear o porteiro non consegue metela entre os tres paus. Pouco despois chegaría o gol, balón entre líneas de Jorge, centra Nando, o balón escapaselle ao porteiro e Emilio marca. 1 a 0, por ocasións, merecido.

No segundo tempo, complicouse a cousa a os sete minutos coa expulsión de Monty por protestar unha xogada tan de decisiva no partido como é un saque de banda no medio do campo. Nun 11 contra 10, sabiamos que íbamos a sufrir para manter o resultado, e así foi, pero máis polo agobio da situación que polas ocasións claras que conseguiron. o equipo estuvo bastante ben nas accións defensivas e conseguimos que o partido rematara co 1 a 0 que non fai que subamos posicións pero que nos afianza no obxetivo da salvación.

Rommel dodro - Cuntis veteranos

Sabado 31 de marzo as 6 da tarde, salimos do chelsea as 4:45.O que salga directamente a dodro que avise.

Sabado 24 vamos de cena o traspaso, donde a gran cociñeira "Merchi" vainos a preparar unhas boas ameixas e unha deliciosa carne, e de postre a especialidade da casa: flan de café.
Todos as 11 no traspaso listos para cenar. que confirme o que ainda non avisou da sua asistencia ou non asistencia canto antes.

Quiniela

RAMON: 79/131 -- 60.31% + 9
CORREA: 70/131 - 53.44% + 3
NANDO: 68/131 -- 51.91% + 6
MMC: 62/123 ---- 50.41% + 3
SUEIRO: 65/131-- 49.62%
EU: 56/114 ----- 49.12% + 6
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

REST. RIVADABIA - - MIRADOR DE PADÍN
ROOMEL - - CUNTIS
DON BUDI - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
CLUB DEPORTIVO USC - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
NEGREIRA VETERANOS - - MADERAS RAMOS
MUEBLES GUADALUPE - - REC. ARTURO SAN MARTIN
ROSALÍA - - B&B FISIOTERAPIA
F.C.D. PEPE NOYA - - RIVER SILLEDA

RESULTADO: ROOMEL DODRO - CUNTIS

Xa que este sabado non hai partido, posto que non nos clasificamos para a copa, o concellal de festexos (monti) propuxo para este sabado 24, facer unha xornada de "copas". A xornada inclue cea (xa se dirá donde e a que hora) e copas nos sitio de costumbre. Necesitamos confirmar antes do xoves 22 os que van a asistir.

P.D: os que non vaian tomar copas tamen poden asistir, Sueiro podes vir.

Musica

Será o novo Michel Telo?



E estas seguro que son as próximas ganadoras de Eurovision.



Mortal de necesidad.

Cuntis veteranos - Don budi

Sabado 17 partido no campo de "as canteiras", no de herba. O encontro dará comenzo a eso das 4:30 e os xogadores estan convocados para as 4 en punto para que nos de tempo a quentar ben.

P.d: perdemos a un xogador importante para este partido, Senin, unha pena que teña que traballar sabado.

Sextos, si sextos na clasificación, creo que nunca estuvemos tan arriba na clasificación a estas alturas. ¿Cal é o problema? Pois mirar para abaixo e ver que a seguinte semana podemos estar outra vez metidos en problemas.

Do partido do sábado, outra ve a misma historia da importancia destes partidos pero non aburro máis con eso. Empezamos un pouco despistados e algún que outro erro púdonos costar algún gol pero tuvemos a suerte de que unha vez pasados eses pequenos agobios, marcamos o 1 a 0. Gol típico de Miguel por toda a escuadra. Ademáis pouco despois volve a repetir nun alón que Jorge mete entre líneas e Miguel adiantase a salida do porteiro, 0 a 2 en pouco tempo e eles viñérose un pouco abaixo.

Co comenzo da segunda parte, volveron os agobios, outra vez por erros nosos. Dispuxeron de duas ocasións para marcar e a situación volveu a normalizarse. Mediada o segundo tempo, corner mal defendido, recollen en sitario o rebote e 1 a 2. Ainda quedaba tempo para que eles nos achucharan e para que nos aproveitaramos algunha contra, pero nin unha cous nin a outra. Resultado final 1 a 2e 3 puntos de ouros que nos acercan ao obxetivo.

Esta semana operábase Parguiñas do tabique nasal, esperando que todo fora ben, srá baixa esta semana polo menos. Sábado partido duo de roer

Quiniela

RAMON: 73/123 -- 59.35% + 9
CORREA: 64/123 - 52.03% + 3
NANDO: 63/123 -- 51.22% + 6
MMC: 58/115 ---- 50.43% + 3
SUEIRO: 60/123-- 48.78%
EU: 51/106 ----- 48.11% + 6
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

REST. RIVADABIA - - ROOMEL
CUNTIS - - DON BUDI
ALMAC. CANCELA TORDOIA - - CLUB DEPORTIVO USC
HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - NEGREIRA VETERANOS
MADERAS RAMOS - - MUEBLES GUADALUPE
REC. ARTURO SAN MARTIN - - ROSALÍA
B&B FISIOTERAPIA - - F.C.D. PEPE NOYA
MIRADOR DE PADÍN - - RIVER SILLEDA

RESULTADO: CUNTIS - - DON BUDI

Universidad - Cuntis veteranos

Sabado 10 de marzo partido no campo de Calo no horario que ten o universidad as 4 da tarde. Salimos desde o sitio de costume (chelsea) as 14:45.

Quiniela

RAMON: 69/115 -- 60.00% + 6
CORREA: 61/115 - 53.04% + 3
MMC: 55/107 ---- 51.40% + 3
NANDO: 59/115 -- 51.30% + 6
EU: 50/98 ------ 51.02% + 3
SUEIRO: 56/115-- 48.70%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

ROOMEL - - MIRADOR DE PADÍN
DON BUDI - - REST. RIVADABIA
CLUB DEPORTIVO USC - - CUNTIS
NEGREIRA VETERANOS - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
MUEBLES GUADALUPE - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
ROSALÍA - - MADERAS RAMOS
F.C.D. PEPE NOYA - - REC. ARTURO SAN MARTIN
RIVER SILLEDA - - B&B FISIOTERAPIA

RESULTADO: CLUB DEPORTIVO USC - CUNTIS

Si xa sei que son aburrido co mismo, pero outro dos partidos que suman máis de tres puntos, o mismo que o partido deste próximo sábado.

Dous equipos con bastantes baixas, e polo resultado as súas foron máis importantes. O partido tuvo un guión bastante similar durante todo o partido, empezando porque foi bastante malo, eles tuveron máis o control do partido, tuveron máis o balón pero faltoulle profundidad e apenas dispuxeron de ocasións claras en todo o partido. Pola nosa parte, nunca fomos capaces de controlar o medio do campo pero si creamos as ocasións máis claras. Na primeira parte, Nando tuvo a máis clara pero diante do porteiro tira or encima do largueiro. Eles dispuxeron dalgún centro pero sin moito peligro.

Despois do descanso, quixemos dominar o centro do campo pero foi xusto o contrario e quizás foron os nosos peores minutos hasta que, cos cambios, estabiliazamos o xogo. Xa mediada a segunda parte Alberto loita con varios defensas un balón, gana a línea de fondo e o seu centro e rematado por Parguiñas adelantándose a un defensa. 1 a 0 e o partido poñiasenos bastante de cara. Alberto dispoñía de duas ocasións, a primeira tras un bo regate plántase diante do porteiro pero oremate e defectuoso e vaise foro. Antes da segunda chegaría o segundo gol, o da tranquilidade (ainda que eso para nos non existe, senón ver o mesmo partido pero en Negreira), xogada estilo Xavi-Puyol, Alberto saca o corner e Victor remata a placer no centro da área poñendo o 2 a 0 definitivo. Con este gol eles quedaron máis tocados e, como comentaba antes, Alberto tiña a ocasión do 3 a 0 nunha falta que se lle vai ao largueiro.

En definiva, eles puxeron o control do balón e nos as ocasións.

Pouco que decir deste partido, unha primeira parte típica de empate a cero pero da que salimos perdendo, un a cero, debido a un rebote. Ainda así dispuxemos da mellor ocasión pero a falta de costumbre de Otero diante do porteiro botouna fora.

Na segunda parte, cando quixemos empezar a facer algo caeunos o segundo e logo o terceiro. Tres ocasións, tres goles e nos tiramos o primer tiro entre os tres paus no minuto 90. Desastroso...

Cuntis veteranos- Negreira veteranos

Sabado 3 de marzo as 4 da tarde no campo das canteiras (campo de herba) para empezar as 4:30.

Quiniela

RAMON: 64/107 -- 59.81% + 6
CORREA: 56/107 - 52.34% + 3
EU: 47/90 ------ 52.22% + 3
MMC: 51/99 ----- 51.52% + 3
NANDO: 54/107 -- 50.47% + 3
SUEIRO: 52/107-- 48.60%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%

ROOMEL - - DON BUDI
REST. RIVADABIA - - CLUB DEPORTIVO USC
CUNTIS - - NEGREIRA VETERANOS
ALMAC. CANCELA TORDOIA - - MUEBLES GUADALUPE
HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - ROSALÍA
MADERAS RAMOS - - F.C.D. PEPE NOYA
REC. ARTURO SAN MARTIN - - RIVER SILLEDA
MIRADOR DE PADÍN - - B&B FISIOTERAPIA

RESULTADO: CUNTIS - NEGREIRA VETERANOS

Outro partido dos que valen máis de tres puntos, e no que se pudo ganar, púdose perder e o final empatouse que creo que foi o xusto. Non nos podemos queixar, moitas baixas, éramos 11

Na primeira parte, eles empezaron dominando o balón e dispuxero e duas boas ocasións en dous corners pero a partir do primer cuarto de hora empezamos despertar a e acercarnos pola portería rival. Primeiro avisou Alberto cun "punteirolo" que non entrou por pouco, pero pouco despois, él mismo, rouba un balón dentro da área e cede a Emilio para que marque pero un defensa intentando sacala márca o 1 a 0. Estes foron os nosos mellores momentos, incluso dispuxemos dunha ocasión moi clara para poñer terra de por medio pero Miguel decide terminar él a xogada cando máis fácil era dar o pase para marcar a porta valeira, pero foiselle fora.

Co decanso, chegounos a empanada, e nada máis empezar xa nos empataron. Apáticos de todo, sin movimientos, non lles foi difícil poñerse por diante. Esto xa nos espabilou, unha pena que teña que estar o partido en contra para despertar. As chegadas a sua área foron máis asiduas, pero eles sacandoas sin moito problema pero cada vez estaban máis metidos atrás. Saque de falta de Alberto, o defensa saca a man de paseo pero o árbitro non o ve, pero pouco despois xogada embarullada e o árbitro creo que pensando na xogada anterior pita mano e por conseguinte, penalty. Bastante protestado, xa que este posiblemente non fora pero si o anterior, uns pensarán que foi compensación e outros doble erro, el pitou e Alberto marcou o empate a dous que tal como se puxera o partido foi un mal menor.

Quiniela

RAMON: 58/99 --- 58.59% + 6
MMC: 47/91 ----- 51.65% + 3
CORREA: 51/99 -- 51.52% + 3
NANDO: 50/99 --- 50.51% + 3
EU: 40/82 ------ 48.78% + 3
SUEIRO: 47/99 -- 47.47%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%


DON BUDI - - MIRADOR DE PADÍN
CLUB DEPORTIVO USC - - ROOMEL
NEGREIRA VETERANOS - - REST. RIVADABIA
MUEBLES GUADALUPE - - CUNTIS
ROSALÍA - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
F.C.D. PEPE NOYA - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
RIVER SILLEDA - - MADERAS RAMOS
B&B FISIOTERAPIA - - REC. ARTURO SAN MARTIN

RESULTADO: MUEBLES GUADALUPE - CUNTIS

non hai cambio

Muebles guadalupe - Cuntis veteranos

Sabado 18 as 18:00 en boiro, salimos dos chelsea as 16:30, (De la torre, as 4:30) no chelsea. Vou a vigilar toda a noite os que vaiades a festa a mesego, asi que moito ollo.

Cuntis veteranos - Rosalía

Sabado 11 as 16:15 (horario oficial) no campo de "as canteiras". Todos as 15:45 nos vestiarios concetrados.

Outra victoria das que valen moito máis que 3 puntos nun partido que creo que fomos superiores e dispuxemos das mellores ocasións.

O partido empezou da mellor maneira para nos xa que os 3 minutos xa nos adelantamos cun gol de Emilio no seu campo talismán, cada vez que vai a Touro marca un ou dous goles. O problema foi que practicamente na seguinte xogada xa nos empatan por non ser máis contundentes desexando o balón nun corner. O partido equilibrouse bastante e dispuxemos algunha ocasión para adiantarnos, destacando a que termina rematando Victor ca portería para él. Polos locales destacar un tiro a cruceta. Empata a 1 no descanso e quedaba todo para os últimos 45 minutos.

Empezou o segundo tempo, atacando máis o equipo local pero sin ocasións, hasta que o cuarto de hora a que eu creo que foi a xogada chave do partido. Ocasión bastante boa do Pepe Noya que saca o noso porteiro o rechace despexao Charli, recolleo Nando que lla da a Alberto e dende tres cuartos de campo supera ao porteiro que estaba adelantado. 1 a 2 que no lo poñía un pouco más fácil xa que as nosas contras podían sentenciar en calquer momento pero non ocurreu hasta a falta de 10 minutos despois dun disparo de Miguel ao longueiro que aproveita Nacho para marcar de cabeza, algo que tamén pudo ter feito un pouco antes nun remate de cabeza franco asalida dun corner. Defendemos bastante ben o resultado hasta o final.

Esta semana, outro partido dos que vale moitos puntos, o Rosalía, teremos bastantes baixas polo que a concentrarse...

Quiniela

RAMON: 56/93 --- 60.22% + 6
MMC: 45/85 ----- 52.94% + 3
CORREA: 48/93 -- 51.61% + 3
NANDO: 46/93 --- 49.46% + 3
EU: 36/76 ------ 47.39%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%
SUEIRO: 43/93 -- 44.24%

DON BUDI - - CLUB DEPORTIVO USC
ROOMEL - - NEGREIRA VETERANOS
REST. RIVADABIA - - MUEBLES GUADALUPE
CUNTIS - - ROSALÍA
ALM. CANCELA TORDOIA - - F.C.D. PEPE NOYA
HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - RIVER SILLEDA
MADERAS RAMOS - - B&B FISIOTERAPIA
MIRADOR DE PADÍN - - REC. ARTURO SAN MARTIN

Para "EU". Xa che dixen na anterior quiniela que non estuvera mal o intento.

Pepe noya - Cuntis veteranos

Sabado dia 4 as 16:15 no campo de loxo en Touro, salimos do chelsea as 14:45. Puntuales e abrigados que Peman dixo que iba facer frio.

Victoria importante e das que valen máis qe os 3 puntos pola situación dos dous equipo na clasificación. Salientar a novedade do debut de Javier Parguiñas no noso equipo que nos axudará a cumplir o noso obxetivo de consguir a salvación o antes posible.

De principio, alguna novedade no equipo inicial con algunha "vaca sagrada" no banco. Nese comenzo de partido, estuvemos espesos, moi espesos, sen dar sacado un balón xogado dende atrás. A presión deles conseguía que cada minuto que pasara o fixéramos peor. Estaba máis cerca o 0 a 1 que a nosa victoria. Coa entrada de Alberto e o debut de Parguiñas, o partido cambiou totalmente e empezamos a xogar mellor e a crear ocasións con elas os goles. O primeiro de Jorge, que regatea a un defensa e bate no man a man ao porteiro, 1 a 0. O segundo, pouco despois, Alberto recolle un balón fora da área e elévalle o balón o porteiro marcando o 2 a 0 que nos dou bastante tranquilidade pero que que pudo cambiar se Carlos non saca debaixo dos paus un corner. Eles creábannos perigo en xogadas a balón parada sobre todo corners e faltas ao borde da area, que por outro lado, xa sabiamos pero que lle concedemos 5 ou 6 faltas cercanas á portería, non sería polas veces que o dixemos. Xa rematando a primer tempo, penalti moi claro a Parguiñas que Alberto marca, 3 a 0 e o partido casi cerrado.

Na segunda parte, pouco que comentar sobretodo despois da agresión con premeditación e alevosía, como diría o outro, dun xogador visitante a Monty (a broma chámase perforacion de tímpano) que os deixou con 10 e o partido non tuvo historia, nos non fixemos nada e eles salvo as faltas cercanas tampouco crearon perigo.

Con menos da metade das ocasións que tuvemos no seu campo (non pasamos do empate) conseguimos marcar 3 goles e escapar dos catro últimos. Tan importante coma este encontro será o do próximo fin de semana contra un riva directo como é o Pepe Noya en Touro.

Video

Sabado 28 gran partido entre os veteranos que asistan o campo a xogar e a noite a eso das 10 churrascada na "casa de campo" (casa de Nacho).
Despois da cena tomaranse unhas copas (Sueiro un café con leite) todos xuntos e logo alguns irán de paseo controlados como sempre polo seu presidente para que non se desmadren.
Pregase confirmación de asistencia o antes posible.

Quiniela

RAMON: 51/85 --- 60.00% + 3
MMC: 42/77 ----- 54.55% + 3
CORREA: 43/85 -- 50.59% + 3
NANDO: 43/85 --- 50.59% + 3
EU: 33/69 ------ 47.83%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%
SUEIRO: 37/85 -- 43.83%

Esta semana no xogamos polo que esta quiniela é para o primer fin de semana de Febreiro. Tempo tendes.

CLUB DEPORTIVO USC - - MIRADOR DE PADÍN
NEGREIRA VETERANOS - - DON BUDI
MUEBLES GUADALUPE - - ROOMEL
ROSALÍA - - REST. RIVADABIA
F.C.D. PEPE NOYA - - CUNTIS
RIVER SILLEDA - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
B&B FISIOTERAPIA - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
REC. ARTURO SAN MARTIN - - MADERAS RAMOS

RESULTADO: F.C.D. PEPE NOYA - CUNTIS

Esta crónica corresponde a semana anterior. Partido disputado as 8 da noite conbastante frío, nos cun equipo descompensado polas baixas, máis xente defensiva que ofensiva polo que a idea era aguantar e se pillábamos algunha metela. Fomos tirando hasta os últimos 5 minutos da primeira parte no que nos cairon 2 e foi o principio do fin.

Na segunda, salimos con algo máis de intención arriba e creamos algunha situacónde peligro pero pronto nos caeu o terceiro que nos fundeu. ogo chegou a expulsión de Nando nun penalti e deixar que pasara o temo hasta o final.

Cuntis veteranos - River silleda

Sabado 21 ás 16:15 no campo de "as canteiras", os convocados as 15:45.
Recordovos que xa podedes cobrar a loteria de reis, pero por ben do club que nadie a cobre.

Quiniela

RAMON: 49/78 --- 62.82% + 3
MMC: 40/70 ----- 57.14% + 3
CORREA: 41/78 -- 52.56% + 3
NANDO: 41/78 --- 52.56% + 3
EU: 31/62 ------ 50.00%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%
SUEIRO: 35/78 -- 44.87%

CLUB DEPORTIVO USC - - NEGREIRA VETERANOS
DON BUDI - - MUEBLES GUADALUPE
ROOMEL - - ROSALÍA
REST. RIVADABIA - - F.C.D. PEPE NOYA
CUNTIS - - RIVER SILLEDA
ALMAC. CANCELA TORDOIA - - B&B FISIOTERAPIA
HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - REC. ARTURO SAN MARTIN
MIRADOR DE PADÍN - - MADERAS RAMOS

Resultado: CUNTIS - RIVER SILLEDA

Non vale moito a pena falar deste partido pois todo saleu mal dende o principio, o que provocou que a nosa actitude fora bastante histérica diante dun equipo que non fixo máis que aproveitar os nosos regalos. Solo pensar nos dous partidos anteriores faise difícil pensar que éramos o mismo equipo.

O primeiro tempo acabou con 1 a 0 e nada máis volver dos vestuarios marcan o segundo. Tímida reacción co noso gol pero solo foi un espellismo porque marcaron o 3 a 1 e xa non houbo máis.

Ib a poñer unha encuesta antes deste partido a ver si acertábamos a que expulsarían neste partido pero como vin que xa todos o sabían non a puxen. Bueno, polo visto, sabíano todos menos Ríos e Monty.

Uns videos

Unhas risas e algo de música para olvidar o desastre do outro día. O video está algo visto.



B & b fisioterapia - Cuntis veteranos

Sabado 14 ás 8 da tarde en Dubra, salimos do bar de costume as 18:15 para chegar con tempo.

Quiniela

RAMON: 44/70 --- 62.86% + 3
MMC: 35/62 ----- 56.45% + 3
CORREA: 38/70 -- 54.29% + 3
NANDO: 37/70 --- 52.86% + 3
EU: 31/62 ------ 50.00%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%
SUEIRO: 32/70 -- 45.71%

NEGREIRA VETERANOS - - MIRADOR DE PADÍN
MUEBLES GUADALUPE - - CLUB DEPORTIVO USC
ROSALÍA - - DON BUDI
F.C.D. PEPE NOYA - - ROOMEL
RIVER SILLEDA - - REST. RIVADABIA
B&B FISIOTERAPIA - - CUNTIS
REC. ARTURO SAN MARTIN - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
MADERAS RAMOS - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN

RESULTADO: B&B FISIOTERAPIA - CUNTIS

PD. "EU" non estuvo mal o teu intento

Recambios arturo - Cuntis veteranos

Sabado dia 7 as 18:00 no campo de calo, salimos as 16:45 do chelsea.

Quiniela

RAMON: 40/62 --- 64.52% + 3
CORREA: 35/62 -- 56.45% + 3
MMC: 35/62 ----- 56.45% + 3
NANDO: 34/62 --- 54.84% + 3
EU: 31/62 ------ 50.00%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%
SUEIRO: 28/62 -- 45.16%

HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - MIRADOR DE PADÍN
MADERAS RAMOS - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
REC. ARTURO SAN MARTIN - - CUNTIS
B&B FISIOTERAPIA - - REST. RIVADABIA
RIVER SILLEDA - - ROOMEL
F.C.D. PEPE NOYA - - DON BUDI
ROSALÍA - - CLUB DEPORTIVO USC
MUEBLES GUADALUPE - - NEGREIRA VETERANOS

RESULTADO: REC. ARTURO SAN MARTIN - CUNTIS

Xa estamos outra vez en semana de partido, pero vamos co resumen do último partido que nos enfrentaba ao líder e para complicalo máis con moitas baixas.

A derrota foi menos dolorosa que a anterior pero tamén tuvo o seu aquel. Nos primeiros cinco minutos houbo unha ocasión clara para cada un. Primero foi a nosa, na que Alberto, tras regatear ao porteiro quédase sen ángulo e tira a portería cando o mellor sería un pase a Miguel que estaba solo. A deles pouco despois un doble tiro que sacan entre o porteiro e o pau. Despois moito centrocampismo, e sorprendentemente nos mellor que eles incluso en ocasións. Xa chegando o remate do primer tempo un rechace do porteiro tras tiro de Ramón consigueo meter na portería Alberto. 1 a 0 e chegaba o descanso.

No segundo tempo, metéronnos moi atrás e sufrimos bastante ainda así creamos contras moi peligrosas que poideron darnos máis ventaxa no marcador, pero o cuarto de hora un saque de esquina deles convírtese no empate tras unha mala salida do noso ¿porteirazo? Cinco minutos máis tarde, e ainda sin dixerir o empate chega o 1 a 2. Despois costounos bastante xa que o cansancio pasounos factura e as nosas chegadas foron menos asiduas, polo contrario, eles xa no final do partido aproveitan unha contra para facer o 1 a 3 definitivo.

Estas duas últimas semanas perdemos dous partidos pero creo que ganamos un EQUIPO.

;;