Búsqueda personalizada

Victoria importante e das que valen máis qe os 3 puntos pola situación dos dous equipo na clasificación. Salientar a novedade do debut de Javier Parguiñas no noso equipo que nos axudará a cumplir o noso obxetivo de consguir a salvación o antes posible.

De principio, alguna novedade no equipo inicial con algunha "vaca sagrada" no banco. Nese comenzo de partido, estuvemos espesos, moi espesos, sen dar sacado un balón xogado dende atrás. A presión deles conseguía que cada minuto que pasara o fixéramos peor. Estaba máis cerca o 0 a 1 que a nosa victoria. Coa entrada de Alberto e o debut de Parguiñas, o partido cambiou totalmente e empezamos a xogar mellor e a crear ocasións con elas os goles. O primeiro de Jorge, que regatea a un defensa e bate no man a man ao porteiro, 1 a 0. O segundo, pouco despois, Alberto recolle un balón fora da área e elévalle o balón o porteiro marcando o 2 a 0 que nos dou bastante tranquilidade pero que que pudo cambiar se Carlos non saca debaixo dos paus un corner. Eles creábannos perigo en xogadas a balón parada sobre todo corners e faltas ao borde da area, que por outro lado, xa sabiamos pero que lle concedemos 5 ou 6 faltas cercanas á portería, non sería polas veces que o dixemos. Xa rematando a primer tempo, penalti moi claro a Parguiñas que Alberto marca, 3 a 0 e o partido casi cerrado.

Na segunda parte, pouco que comentar sobretodo despois da agresión con premeditación e alevosía, como diría o outro, dun xogador visitante a Monty (a broma chámase perforacion de tímpano) que os deixou con 10 e o partido non tuvo historia, nos non fixemos nada e eles salvo as faltas cercanas tampouco crearon perigo.

Con menos da metade das ocasións que tuvemos no seu campo (non pasamos do empate) conseguimos marcar 3 goles e escapar dos catro últimos. Tan importante coma este encontro será o do próximo fin de semana contra un riva directo como é o Pepe Noya en Touro.

0 Comments:

Post a Comment