Búsqueda personalizada

PEPE NOYA 1 - CUNTIS VETERANOS 3

Outra victoria das que valen moito máis que 3 puntos nun partido que creo que fomos superiores e dispuxemos das mellores ocasións.

O partido empezou da mellor maneira para nos xa que os 3 minutos xa nos adelantamos cun gol de Emilio no seu campo talismán, cada vez que vai a Touro marca un ou dous goles. O problema foi que practicamente na seguinte xogada xa nos empatan por non ser máis contundentes desexando o balón nun corner. O partido equilibrouse bastante e dispuxemos algunha ocasión para adiantarnos, destacando a que termina rematando Victor ca portería para él. Polos locales destacar un tiro a cruceta. Empata a 1 no descanso e quedaba todo para os últimos 45 minutos.

Empezou o segundo tempo, atacando máis o equipo local pero sin ocasións, hasta que o cuarto de hora a que eu creo que foi a xogada chave do partido. Ocasión bastante boa do Pepe Noya que saca o noso porteiro o rechace despexao Charli, recolleo Nando que lla da a Alberto e dende tres cuartos de campo supera ao porteiro que estaba adelantado. 1 a 2 que no lo poñía un pouco más fácil xa que as nosas contras podían sentenciar en calquer momento pero non ocurreu hasta a falta de 10 minutos despois dun disparo de Miguel ao longueiro que aproveita Nacho para marcar de cabeza, algo que tamén pudo ter feito un pouco antes nun remate de cabeza franco asalida dun corner. Defendemos bastante ben o resultado hasta o final.

Esta semana, outro partido dos que vale moitos puntos, o Rosalía, teremos bastantes baixas polo que a concentrarse...

0 Comments:

Post a Comment