Búsqueda personalizada

CUNTIS VETERANOS 1 - DONBUDI 0

Partido que nos coloac nunha boa situación de cara a salvación, e que fai que de conseguir a victoria no seguinte partido case este feita.

Do partido comentar que empezou con dous disparos a os longueiros, un por cada equipo. Dispuxemos de boas ocasións para marcar sobre todo unha d Alberto que logo de regatear o porteiro non consegue metela entre os tres paus. Pouco despois chegaría o gol, balón entre líneas de Jorge, centra Nando, o balón escapaselle ao porteiro e Emilio marca. 1 a 0, por ocasións, merecido.

No segundo tempo, complicouse a cousa a os sete minutos coa expulsión de Monty por protestar unha xogada tan de decisiva no partido como é un saque de banda no medio do campo. Nun 11 contra 10, sabiamos que íbamos a sufrir para manter o resultado, e así foi, pero máis polo agobio da situación que polas ocasións claras que conseguiron. o equipo estuvo bastante ben nas accións defensivas e conseguimos que o partido rematara co 1 a 0 que non fai que subamos posicións pero que nos afianza no obxetivo da salvación.

0 Comments:

Post a Comment