Búsqueda personalizada

Desastroso o partido que fixemos o sábado dos peores que recordo en bastante tempo. As baixas pola boda de Rubén non poden ser unha excusa xa que eles tamén as tiñan, o campo tampouco pode ser outra excusa xa que eles xogaron no mesmo campo de lama que nos e se alguén mereceu ganar foron eles. Non tanto polas ocasións que tuveron que tampouco foron moitas e claras dúas unha na primeria parte, nun man a man co porteiro e outra con varios rechaces que sacan entre o porteiro e a defensa, senón pola actitude xa que non demos dous pases seguidos e non é unha frase feita, foi algo literal.

Nos últimos minutos, expulsan a Puga que insulta instintivamente ao contrario cando este o agrede cun codazo que o deixa KO. O expulsado foi o agredido...

Ainda así, poidemonos levar o partido na última xogada, nun balón entre líneas de Jorge a Miguel e que derribado polo porteiro pero o árbitro saca fora a falta cando parecía dentro.
 Ao final, o mal menor empate a 0 e este sábado partido crucial en Tordoia.

0 Comments:

Post a Comment