Búsqueda personalizada

Sin querer parecer ir de sobrado, creo que esta victoria nos da a permanencia, non matemática, pero quedando 9 puntos, estamos 7 por arriba e os demáis teñen enfrentamentos entre eles.

Do partido comentar, que eles apuraban as suas últimas opcións de salvación e o partido estuvo bastante complicado ainda que nos axudou o gol que marcamos a os cinco minutos por medio de Parguiñas que se revolve na área e marca cerca do pau. Eso quitounos a posible ansiedad por querer marcar. Eles intentaron conseguir o empate e case o consiguen antes do descanso, primeiro nun man a man co porteiro e logo nunha mala cesión que disparan floxo. Nos dispuxemos tamén dalgunha oportunidad para ampliar o resultado, Jorge tuvo unha vaselina que non estrou por pouco.

Na segunda parte pasaron máis cousas, nos marcamos máis goles pero eles creáronnos máis perigo que na primeira. Pudémos coller máis ventaxa cun gol anulado a Zález pero pouco despois outra vez Parguiñas marcaba con un centro dende a dereita que un defensa introduce na portería local. Agora si parecía o partido encarrilado pero, sen embargo, foron os momentos nos que eles crearon máis perigo e tuveron un tiro ao pau e algunha ocasión máis, e tuvo que chegar o gol. Falta cerca da frontal, nadie diante, o porteiro colocando a barrera e eles marcan sin oposición. 1 a 2 que nos complicaba o final do partido. Pero casi na seguinte xogada, Alberto saca un corner e Victor marca de cabeza un deses remates que lle gustan a él, 1 a 3 e o partido xa estuvo máis controlado hasta o final.

0 Comments:

Post a Comment