Búsqueda personalizada

Outra vez equipo de escaso, 12 xogadores. Nun campo que está moi irregular e que crea problemas cando se quere xogar o balón polo chan e esas dúbidas foron as que nos levaron a xogar o patadón máis do debido.

O partido empezaba ben xa que nunha das poucas combinacións ao primer toque que fixemos entre Alberto, Jorge e Nacho este plántase diante do porteiro e marca o 0 a 1. A partir dese momento todo foi costa arriba para nos e eles foron se creendo que podían facer algo xa que o balón pouco nos duraba nos pes. Pero conseguimos rematar o primer tempo con ese resultado.

Lonxe de mellorar a cousa o seu dominio fíxose máis intenso pero sempre co mesmo argumento balón colgado que, entre a defensa e o porteiro despexan sen problemas. Chega a xogada do empate, manos involuntarias de Nacho xusto diante da línea da area, e eles marcan polo lado do porteiro, empate a un.

Poño o de involuntaria porque así o foi e na primeira parte houbo outra similar dentro da área deles que si considerou involuntario e non pitou o correspondente penalti. Eles creronse que podía ganar e o partido sigueu igual nos facendo bastante pouco, salvo despexar balóns e eles indo a polo partido que cando menos xa tiñan merecido o empate. Pero cousas do futbol, a falta de 5 minutos, balón largo de Nacho polo que corre Jorge que se adelanta de cabeza ao porteiro e o defensa e logo de levar o balón pola línea de fondo marca o un a dous. Por se fora pouco, dous minutos despois, pase de Jorge a Alberto e este fusila ao porteiro local, un a tres e partido rematado.

Como resumen, partido que contra outro equipo houbéramos perdido pero no que eles pagan a novatada de estar en División de Honor onde os erros, tanto en defensa como en ataque, non se perdonan. Nos 3 tiros 3 goles eles bastantes máis 1 gol.

0 Comments:

Post a Comment