Búsqueda personalizada

DON BUDI 2 - CUNTIS VETERANOS 2

Se no partido anterior non merecemos ganar, neste foi o contrario, xa que fixemos bastantes cousas ben. Empezando pola presión de Monty sobre a defensa que facía que eles non poideran sacar o balón xogado e os seus ataques foran detidos pola defensa sin moito perigo, incluso nun dos seus fuertes, os saques de banda á área foron ben defendidos. Con todo esto eles apenas crearon ocasións no primeiro tempo, mentras nos marcamos un bonito gol de cabeza nun balón de Alberto dende a banda que lle pon a Monty na cabeza e que remata ao fondo da rede. Tanto o centro como o remate perfectos, 0 a 1. Pouca ventaxa contra un equipo como o Don Budi e con un campo tan pequeno.

No segundo tempo eles, viñéronse un pouco máis arriba e ter algo máis de profundidade pero sen chegar e crearnos problemas, mentras nos nas contras poñiamos á sua defensa en problemas, pero foi nunha loita por un balón con un defensa de Monty que consigue levarllo de cabeza e pantarse diante do porteiro e facer o 0 a 2. A ventaxa xa era polos menos tranquilizadora e sabiamos que a única opción deles sería colgar balóns e así foi, nos últimos cinco minutos fannos dous goles de centros á área.

Desilusión final para un moi bo partido noso.

0 Comments:

Post a Comment