Búsqueda personalizada

APRAZAMENTO TORNEO CALDAS

ATENDENDO Á NOTIFICACIÓN DO REPRESENTANTE DO CUNTIS VETERANOS (SR ZALEZ) NA PARTICIPACIÓN DO NOSO EQUIPO NO TORNEO DE VETERANOS DE CALDAS A DESENVOLVER O VINDEIRO SÁBADO 17 XULLO, COMUNÍCASE QUE ESTE QUEDA APRAZADO PARA O 22 DE AGOSTO.
DESTE XEITO DASE POR REMATADA A PRESENTE TEMPORADA SUPOÑENDO DITO TORNEO O PRIMEIRO ENCONTRO DE PRETEMPORADA ONDE SE PRESENTARÁN AS NOVAS INCORPORACIÓNS E CONFIGURACIÓN DO EQUIPO.
BO VERÁN A TODOS.
O PRESI.

Outro ano máis disputamos o partido amigable de tódolos anos co equipo da Diputación de Pontevedra, este ano tocoulles a eles de locales e disputamos o encontro en Barrantes. O de menos foi o resultado(por certo, ganamos) e o de máis os pinchazos que houbo despois, e as copas (algún me parece a min que non sabe como chegou a casa).



Dende a portería hasta a delantera están temblando ca chegada de novas incorporacións, que, por outro lado, boa falta nos fan.

Por outro lado, dar a bienvenida a un novo equipo a este mundillo dos blogs, nin máis nin menos que os nosos compañeiros de Padrón, O Rosalía Futbol Veterano. Xa tendes o enlace na correspondete sección. Por certo, administrao o mellor xogador de tódolos tempos da Agrupación de Santiago, e non exagero nada.

Un ano máis xuntarémonos cos amigos da Deputación de Pontevedra como se vén facendo dos derradeiros anos. Disputarase o tradicional partido e, logo, todos xuntos compartir uns pinchos e uns refrescos.

Partido DEPUTACIÓN PONTEVEDRA -CUNTIS
Día: VENRES 19 XUÑO
Campo: Barrantes- Campo do Umia
Saímos ás 19:00 do Bar Chelsea.
Á xente que confirmou a súa presenza prégaselle puntualidade.

Comeza unha nova temporada onde se irán vendo posibles incorporacións.

Final Quiniela

Felicitar a Alberto por ganar este ano a clasificación final da nosa quiniela. Tamén decirlle que para o ano será outro cantar. Esta é a clasificación final incluida xa a última xornada na que Nando e Correa foron os que máis acertaron

Alberto: 1 (79)
Sueiro: 2 (72)
Otero: 1 (69)
Nando: 4 (56)
Correa: 4 (49)
Zalez: 0 (40)
MMC: 0 (38)
Monty: 0 (30)
O Noso Anónimo: 0 (16)
Extracomunitario: 0 (7)

Nos coma o Madrid e o Barça, unha vez que cumplimos o obxetivo deixámonos levar e levamos nos tres últimos partidos.

Este era un partido que se aplazara duas veces no seu tempo e que nos chegou con máis ganas de ir cenar que de xogar, de todas maneiras o Negreira foi xusto vencedor sobretodo porque puxo máis ganas para levarse o partido e ademáis nunca lle pillamos o punto ó encontro. Moita discusión pero pouco xogo.

Eles dominaron máis a partir do primer gol, hasta ese momento o partido estaba algo máis parexo a pesar que fallaran antes un penalty, que parecía que indicaba que había opcións no partido. Pero nada máis lexos da realidade, ese primer gol foi o principio do fin xa que nos últimos minutos da primeira parte marcan o segundo e xa viamos que a cousa iba estar complicada. Goles, estou seguro, que nun partido que houbese puntos necesarios non no los houberan metido, xa que foron goles evitables con algo de tensión.

Na segunda parte quixemos meter o gol que nos dera algunha opción no partido, incluso tuvemos algunha ocasión clara pero eles á contra crearon perigo, e remataron por marcar o terceiro.

Fin do partido e da temporada con record de puntos para nos

FIN TEMPORADA

O vindeiro VENRES 12 DE XUÑO teremos unha xuntanza á que están convocados todos os socios con arreglo á seguinte orde do día:

- 20:30 Encontro mini-futbol Veteranos A - Veteranos B.

- 22:15 Asemblea xeral fin de temporada.

- 23:00 Cea despedida temporada en Rest. A Vila - A Estrada.

A Asemblea desenvolverase no mesmo local.
Confirmar asistencia.

Pouco sei deste partido, pero imáxinome que sería igual que este último e o antepenúltimo, pouca xente e sen a tensión necesaria de cando tes que puntuar. Polo oido, decir que houbo moitas ocasións polos dous lados, e que ó descanso chegouse co empate a 1 (gol de novo de Nacho). Logo chegou a lesión de Victor, que se puxo na portería pola falta de efectivos, e eles aproveitaron as suas oportunidades e leváronse o partido.

xornada 18 aprazada

Segundo vén de comunicarme o delegado do Negreira ás 21:51 o partido aprazado no seu día e reaprazado por imperativo legal sen posibilidade de recurso nin contencioso seguirá a seguinte orde do día:

Xorn 18 : NEGREIRA - CUNTIS
Campo: Cepelo - Negreira (Herba sintética)
Hora partido: 19:00
Hora saída: 17:30

Comunícaselle ao personal que a Cea das Mulleres ou mozas ou "mozos" (véxase que me acordo de todos) será concertada para as 11 da noite (non se pode retrasar máis) en Casa Sindo - Bamio.
Proponse coma hora tope de saída do lugar de costume:

Saída Bar Chelsea: ás dez e cuarto. Prégase puntualidade.

Video

Este video é para que o teñamos en conta para o ano que ven. Algunha hai que intentala

Cronica

A ver si alguén me envía unha crónica do partido.

Ultima Quiniela

Bueno, pois chegamos ó fin da temporada e tamén ó da quiniela. A ver si para o ano a facemos máis "profesional" con algún que outro premio. Acéptanse propuestas.

Alberto: 4 (78)
Sueiro: 4 (70)
Otero: 3 (68)
Nando: 3 (52)
Correa: 2 (45)
Zalez: 0 (40)
MMC: 0 (38)
Monty: 0 (30)
O Noso Anónimo: 4 (16)
Extracomunitario: 0 (7)

1.- ASADOR ALAMBIQUE - MADERAS RAMOS
2.- PEPE NOYA - MUEBLES GUADALUPE
3.- CASA BARQUEIRO O COTON ONS - VETERANOS NEGREIRA
4.- CUNTIS VETERANOS - AUTOMI REC BARBANZA
5.- ROOMEL DODRO - TERRA DE XALLAS VETERANOS
6.- PEÑA NAVEGANTE - VETERANOS LAIN 2001
7.- C.D. UNIVERSIDADE SANTIAGO - ROSALIA F.V.

Partido entre dous equipos que xa tiñan os deberes feitos, polo que non houbo a tensión de cando hai algo en xogo, e menos mal por que facía moito calor. Fixemos un once contra once xa que os dous equipos estábamos sen cambios. Moitas ocasións en cada portería e moito traballo para os porteiros no que pudo ser un resultado moito máis abultado

Na primeira parte, o domino foi total do equipo local e estuvemos bastante mal, marcáronnos mediada a primeira parte e despois no último minuto co que se chegou ó descanso con un dous a cero que decía quen fora o mellor neste periodo. Ainda así poidemos meternos no partido con un tiro de Zalez o pau e con un man a man que tuvo Miguel que fallou.

O segundo tempo o partido sigueu sendo un correcalles pero no que nos tamén chegábamos con bastante perigo ainda así chegou o terceiro gol do Roomel que fixo decaer as ansias de sacar algo positivo de Dodro, e sobretodo despois do penalti fallado por Miguel e que Victor se retirou lesionado e quedamos con dez e esto xa nos aplanou de todo. Cando todo parecía decir que non marcaríamos o mesmo Miguel bate ó porteiro noutro man a man e pouco despois Monty marca e ponlle moita emoción ó partido con un tres a dous e moito partido por diante. Sigueu habendo moitos ocasión nas dúas porterías e viase que estaba máis cerca o empate que o gol local pero xa sabemos que cando non se marca márcanche, gol a pouco do final que puxo no marcador o definitivo 4 a 2.

Xa abandonamos a idea do terceiro posto, agora xa nos vale o décimo que é o último que non descende. Por certo, para a semana o partido e as sete

Video

Potencia e colocación, se o chega a meter Cristiano Ronaldo taríamos aburridos de velo, ou non?



Dedícolle este post a Ramón, Correa, Dieguez e compañía que, despois do do sábado, están a pasar un momentos duros.

Quiniela

Esta semana aplazouse un partido polo que o máximo de acertos posibles eran 6, que, como non, acertou o menda

Alberto: 5 (74)
Sueiro: 6 (66)
Otero: 4 (65)
Nando: 3 (49)
Correa: 5 (43)
Zalez: 0 (40)
MMC: 0 (38)
Monty: 0 (30)
O Noso Anónimo: 4 (16)
Extracomunitario: 0 (7)

Aqui vos queda a penúltima quiniela.

1.- MADERAS RAMOS - PEPE NOYA
2.- MUEBLES GUADALUPE CASA BARQUEIRO O COTON ONS
3.- AUTOMI REC. BARBANZA - VETERANOS NEGREIRA
4.- ROOMEL DODRO - CUNTIS VETERANOS
5.- VETERANOS LALIN 2001 - TERRA DE XALLAS VETERANOS
6.- PEÑA NAVEGANTE - C.D. UNIVERSIDADE SANTIAGO
7.- ROSALIA F.V. - ASADOR ALAMBIQUE

Victoria que certifica que xogaremos un ano máis en división de honor. Cada ano salvámonos con máis xorandas de antelación, un ano destes igual damos a sorpresa e asaltamos o liderato. Tembla Maderas Ramos...

O partido foi dos complicados de xogar, ou máis que xogar de afrontar xa que o rival estaba con oito xogadores (colgados do largueiro), nos ca idea de non facer sangre, non máis que a necesaria. Pero sorpresa, ós cinco minutos de partido aparecen 4 xogadores, e agora xa eran 11 colgados do largueiro e con recambio no banquillo. O resto do partido foi eso, acoso e derribo a un equipo que apenas saleu da sua área en todo o primeiro tempo, e nos tuvemos varias ocasións, incluso algún gol anulado pero cun ataque pouco fluido, atacamos máis pola nosa superioridade física que polo ben que xogábamos. 0 a 0 no descanso, e xa nos empezábamos a poñer nerviosos ó ver que o cascarón era máis duro do que pensábamos e non quería romper.

Na segunda parte, salimos coa idea de marcar o antes posible para que non nos poidese a ansiedade, pero non foi suficiente xa que eles seguirón incrustados na sua portería. A medida que pasaban os minutos eles vían que nos non marcábamos foron abrindo as suas líneas pero sen apenas crear peligro excepto en algunha xogada aislada a balón parado. O tan ansiado gol chegou a falta de dez minutos, nun balón que lle chega a Miguel, que recorta na área, centra ó segundo pau e Nacho marca. 0 a 1 e solo nos quedaba aguantar o resultado hasta o final e a ver si nalgunha contra se sentenciaba. Conseguimos o primeiro e así rematou o partido que nos da tres puntos que nos poñen con opcións de facer unha boa clasificación.

O CRACK DO PARTIDO




Entrou mediada a segunda metade, e foi o único que tuvo criterio á hora de xogar o balón no medio do campo. Sorprendeu.

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO














O KILLER: Por enésima vez este ano, eso si, esta vez solo tuvo que empuxar o pase de Miguel

O MURO: Pouco traballo defensivo, e ademáis tuvemos algúns erros no despexe que outro equipo os houbera aproveitado mellor

A CLAVE: Meter o gol, non houbo outra

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Xa bastante tuveron con xuntar xente para xogar

P.D. Xa podedes visitar o blog de outro equipo da Agrupación de Santiago, e o Bergantiños, co que xa nos temos enfrentado unhas cuantas veces. Podedes ver o link na zona dos enlaces. Benvidos!!!